Manolo González, premio honorífico da Academia do Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual concede o seu premio honorífico a Manolo González, director da Axencia Galega do Audiovisual durante o bipartito ademais de investigador e promotor de numerosas iniciativas no sector. Para a AGA é  “unha das persoas máis relevantes do audiovisual galego”. 

Manolo González
photo_camera Manolo González

Investigador, profesor e produtor e promotor de numerosas iniciativas no mundo audiovisual, Manolo González é o escollido pola Axencia Galega do Audiovisual para lle outorgar o seu premio honorífico “Fernando Rey” na edición de 2014. Manolo González foi tamén director da Axencia Galega do Audiovisual, o departamento responsábel da xestión do sector dependente da Consellaría de Cultura e Deporte do bipartito da que naceron as convocatorias de axudas ao talento polas que se orixinaron a maior parte das producións do coñecido como Novo Cinema Galego. Desde a Axencia promoveu tamén proxectos para o audiovisual galego como Cinemas Dixitais, Flocos.TV (Premio Mestre Mateo 2009) ou Memoria do século XX. O premio entregarase, cando os gañadores das distintas categorías da XII edición dos Mestre Mato na gala que se desenvolverá o vindeiro 12 de abril no Palexco da Coruña. 

Manolo González tivo tamén un papel relevante na creación e o desenvolvemento da Escola de Imaxe e Son da Coruña e realizou un importante labor de investigación arredor da historia do cinema galego, en especial, nas producións nacidas na emigración e o exilio. 

Nas declaracións recollidas pola propia organización despois de térselle concedido o premio, Manolo González valorou o recoñecemento por parte dos membros da profesión.

Comentarios