Máis de vinte novas bandas en galego concursan no Revenidas

Rural rock, pop, bravú, folk, rap, cabaret, metal, reggea... de todo se sinte no novo panorama musical galego e con esa mestura chega a nova banda sonora do país ao Revenidas. Máis de vinte novas bandas que fan música en galego participan no concurso de Grupos Noveis do festival. 

Bordeline79
photo_camera Bordeline79

Máis de vinte bandas que están a facer m´sica en galego optan por se presentar ao concurso de Grupos Noveis do festival Revenidas 2013. Desde a organización valoran a participación que, ao seu ver, evidencia a potencia creativa da mocidade. 

Un total de 21 bandas de música en galego participan no concurso de grupos nóveis do festival Revenidas. A organización abre así o escenario de Vilaxoán para ofrecer un espazo para o encontro das novas agrupacións co público nunha cita que terá lugar o 18 de xullo, día da apertura do festival.

Entre as bandas concursantes síntese rock bravú mais tamén rap, cabaret, folk ou pop independente e teñen a súa orixe a través de todo o territorio galego, desde Compostela a Ourense pasando por Vigo, Chantada, Arousa, Ordes, Vilanova ou Vedra. As votacións faranse a través de facebook ata fin de mes. As máis votadas pasarán á fase final na que un xurado composto por xoán Quintáns, representante da organizaicón, o músico Xurxo Souto e o xornalista Suso Piñeiro escollerán á banda gañadora que recibirá un dobre premio, 300 euros e, o fundamental, tocar no Revenidas. 

Os participantes neste concurso de bandas noveis son: 

1.-Bocinazo, rural rock, Negreira.
2.- Amigos dos Músicos, pop, Ourense
3.-Skalopendra, rock bravú, Vilanova de Arousa
4.-Outra Vaca No Millo, fock rock, Hio
5.-Aspergillus de Coira, rock industrial, Ames
6.-Os Vacalouras Pataca´n´roll, rock bravú, Teis
7.-Okeoh, metal galego, Vedra
8.-Satxa na Leira, rock bravú, Santomé
9.-Balbordo Público, punk, Compostela
10.-Vicky Polard, grunge, Compostela
11.-Xenderal, rap, Cerceda
12.-Liviao de Marrao, rock bravú, Chantada
13.-Curva a Eskerda, metal/punk/rock, Porto do Son
14.-Lusco e Fusco, folk, Vilagarcía de Arousa
15.-The Tetas´Van, cabaret, Ourense
16.-Sowel, rap, O Grove
17.-Noite Fechada, rock, Barrantes
18.-the Alkrikes, rock, Illa de Arousa
19.-Superoito, rock, Ordes
20.-Maskarpone, reggea/ska/rock, Ourense
21.-Rebeliom do Inframundo, rap, Ponteareas

Comentarios