Máis de 400 crianzas cantan en Compostela poemas de Rosalía de Castro

'No bico un cantar. Nenos e nenas cantan a Rosalía' xuntou a pequen@s de centros de ensino musical para poñer voz a catro poemas da poeta nacional

Cantar a Rosalía

Máis de catrocentas crianzas de 8 a 12 anos dos centros de ensino musical (conservatorios, escolas municipais e coros infantís) cantaron os poemas de Rosalía de Castro “Maio longo”, “Rosa de abril”, “En Cornes” e “Negra sombra”.

As voces dos e das pequenas estiveron acompañadas polo grupo de metais “Hércules Brass” e dirixidos por Maximino Zumalave. A xornada enmárcase nos actos conmemorativos do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos (1863).

Pola mañá os nenos e nenas participantes visitaron a Cidade da Cultura, onde realizaron o ensaio xeralO concerto debía celebrarse na Praza da Quintana, mais as previsións meteorolóxicas aconsellaron levalo a Bonaval fuxindo da chuvia que, cumpridora da ción

Escolla

A escolla incluiu dous poemas de “Cantares gallegos”: “Rosa de abril” (partitura de Andrés Gaos) e “En Cornes” (partitura de Octavio Vázquez) e dous de “Follas novas”: “Maio longo” (partitura de José Baldomir) e “Negra sombra” (partitura de Juan Montes). 

O Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, xunto coa Fundación Cidade da Cultura de Galicia,foron as entidades organizadoras deste acto.

Comentarios