Máis de 300 profesionais e 38 espectáculos concorren aos María Casares de Teatro

A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico.

maria casares
photo_camera Imaxe de arquivo dunha entrega de premios María Casares

Un total de 38 espectáculos e máis de 300 profesionais concorren aos XXV Premios de Teatro María Casares, galardóns organizados de forma anual pola Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG).

O proceso de inscrición, realizado integramente a través da web da AAAG, finalizou o pasado 14 de maio. Participans 38 montaxes que se postulan nas catorce categorías nas que se dividen os premios: maquillaxe, vestiario, iluminación, escenografía, música orixinal, texto orixinal, adaptación-tradución, actor secundario, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, dirección, espectáculo e espectáculo infantil.

Após a fase de inscrición, a AAAG inicia esta cuarta feira a primeira rolda de votacións, aberta xa a un censo formado por máis de 450 profesionais do sector das artes escénicas. Dese modo, ademais do colectivo de membros da AAAG, poderán votar responsábeis da xestión e programación cultural, xornalistas, críticos e as persoas finalistas en edicións anteriores. 

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro galego

Das súas votacións, sairán os espectáculos e profesionais finalistas en cada unha das catorce categorías, que se darán a coñecer a finais do mes de xuño

Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e dende aquela son o gran escaparate do teatro galego. O Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro en 2020 redactou o actor Evaristo Calvo.

Pode consultar as obras que concorrern a estes premios aquí

Comentarios