MAIS DE 15.000 LEITORAS E LEITORES RESPALDAN A INICIATIVA

Un crowdfunding masivo financia en Portugal un libro sobre Rosalía

A obra naceu como unha iniciativa literaria na rede, mais o éxito e apoio de milleiros de leitores levouna a saír tamén en papel.

Joao Perres
photo_camera Joao Perres

João Perre Viana é o autor do libro 'Rosalía de Castro, uma ponte no tempo', um proxecto literario que naceu nas redes sociais e que acabou editado vía unha campaña de crowdfunding, un libro totalmente desenvolvido como edición de autor, conseguindo en pouco tempo atinxir mais de 20.000 leitores em 4 idiomas diferentes. Informa deste suceso o bloguedelisboa.blogs.sapo.pt

A historia naceu nas redes sociais a través dun blogue onde ao longo de varias semanas os primeiros capítulos do libro foram partillados de balde. O leitor acabou por inter-actuar coa historia converténdose en parte da mesma, tendo sido por exemplo responsábel pela escolla da capa ou do local do evento para o lanzamento do libro.

As redes sociais, nomedamente o Facebook, Linkedin, Pinterest, Spotify e Google+ axudaron en poucos meses a acadar unha plataforma de máis de 15 mil leitores online só en portugués, o que permitiu validar o interese dos leitores pola obra e así crear as bases para un lanzamento no formato físico. Seguindo unha liña independente o proxecto foi financiado na totalidade polos proprios leitores a través dunha campaña de crowdfunding.

Comentarios