Máis de 140 rapaces e rapazas participaron no Premio de Foto Xurxo Lobato

A asociación de antigos alumnos do IES Monelos fixo entrega o dia 19 de Abril dos premios do 12º concurso de fotografia Xurxo Lobato.

premio-xurxolobato
photo_camera Acto da entrega de premios no IES Monelos

Nesta convocatoria presentáronse 140 autores con 353 fotos. Os participantes son alumnos de bacharelato, formacion profesional e ESO de toda Galiza. O xurado presidido por Rosario Sarmiento e formado por Antón Orosa, Isabel Romero, Marcos Sánchez, Xosé Díaz, Tino Fraga e como secretario do xurado Blas Rodríguez destaca o alto nivel de participación xunto coa gran calidade dos participantes polo que ampliou o número de accesits a 12.
 
No acto de entrega participou o alcalde da Coruña Xulio Ferreiro o concelleiro de cultura de A Coruña José Manuel Sande. Este certame consolídase con perfil propio, especializado en fomentar a fotografia entre os alumnos de ensinanzas medias e Formacion Profesional en Galiza. O seu obxectivo é “contribuír ao desenvolvemento da linguaxe fotográfica na nosa comunidade autónoma e fomentar a canteira de novos valores que opten pola fotografia como linguaxe de creación”.

O primeiro premio foi acadado por Zeltia Iglesias (Mestre Mateo de Santiago), o segundo por Marcos M. Pulpeiro (EIS A Coruña) e o terceiro por Florentino Baz (EIS Vigo). Raquel Gallardo (IES Monelos da Coruña) acadou unha bolsa. 

Comentarios