Madrid recibe 95% dos fondos para museos

Unha investigación do Institut Valencià d'Investigacions Econòmiques analiza os mecanismos fiscais, económicos e de planificación territorial que converten a capital do Estado español nun polo de atración tanto económico como demográfico.
EuropaPress_3444025_estatua_velazquez_frente_museo_prado_paseo_prado_madrid_22_noviembre_2020
photo_camera Imaxe da fachada do Museo do Prado, en Madrid. (Foto: Europa Press)

Unha investigación realizada por sociólogos do Institut Valencià d'Investigacions Econòmiques analiza os mecanismos fiscais, económicos e de planificación territorial que converten a capital do Estado español nun polo de atración tanto económico como demográfico. Un traballo do que tamén se desprende como, "historicamente", os equipamentos culturais madrileños son os grandes beneficiados dos orzamentos do Estado, mentres o Ministerio de Cultura "evita apoiar" as manifestacións culturais "periféricas".

Os autores deste estudo son os sociólogos e profesores na Universidade de València (UVJoaquim Rius-Ulldemolins e, Vicent Flor, e mais o investigador do Centro para Estudos de Cultura, Politica e Sociedade (Cecups), da Universidade de Barcelona (UB), Juan Arturo Rubio Arostegui. 

O traballo, publicado en The Journal of Arts Management, Law and Society, analiza o proceso de recentralización do Ministerio de Cultura e a falla de apoio ás “expresións culturais que non entronquen valores cos que, desde o século XIX, se constrúe a idea da nación española”.

Os sociólogos afirman que tanto o Goberno estatal como o Ministerio de Cultura son herdeiros dun Estado “centralista e absolutista, inspirado polo intervencionismo francés e promotor da identidade nacional”, escriben. Como exemplo deste argumento indican que só así se entende que o Museo Naval de España estea situado a 350 quilómetros do porto máis próximo, isto é, na capital madrileña.

A excepción a esta situación centralizadora, acentuada a mediados dos anos 90 e especialmente desde a crise de 2008, segundo o estudo, constitúea o proceso descentralizador levado a cabo en 1985. "Unha etapa na que domina unha concepción multilateral do Estado que permite a promoción de iniciativas culturais a entidades locais e autonómicas", escriben os expertos, se ben isto non se traduciu na colaboración entre o ministerio e as autonomías.

O 89% do gasto en museos, para Madrid

O informe achega “cifras elocuentes” deste "centralismo", e indica que “ao comezo da crise, en 2009, Madrid era a destinataria de 89% do gasto museístico, unha cifra que se incrementa até 94% en 2013, e en 2019 xa era 95,2% do total".

Comentarios