Maceda mantén viva a memoria de Francisco Carballo

Este sábado inaugúrase unha placa na praza que nesta vila leva o nome do historiador e militante nacionalista falecido en 2014.

 

CAPAcarballo400

Francisco Carballo é, en palabras do seu amigo, xornalista e editor Xan Carballa, “unha das figuras máis relevantes do nacionalismo galego e do cristianismo progresista”. Este sábado colocarase unha placa na súa lembranza na Praza que en Maceda leva o nome deste un dos seus fillos máis coñecidos, enterrado na parroquia onde naceu, Asadur. Será ás 13:00 horas e intervirán o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e Santiago Prol, da Asociación de Amigos de Francisco Carballo.

Francisco Carballo, nado en Asadur (Maceda) o 8 de marzo de 1925 e finado en Salamanca o 29 de novembro de 2014, deixou unha obra de enorme significación para a comprensión do século XX na Galiza, desde as perspectivas da historia, o xornalismo e a teoloxía. Implicouse desde sempre no impulso de iniciativas culturais no ámbito do nacionalismo, como A Nosa Terra, e foi membro fundador do Sermos Galiza. 

Da súa ampla traxectoria como historiador e teólogo, esta publicación destaca diversas obras sobre a historia de Galiza como A igrexa galega, Alexandre Bóveda; Breve Historia de Galiza; Martín Sarmiento, ou xa como coautor, Historia Xeral de Galicia ou  Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70.  

Comentarios