luns 28/09/20

Lupe Gómez e Emma Pedreira, premios da Crítica española en lingua galega

Os textos gañadores para a literatura galega foron ‘Camuflaxe’ de Lupe Gómez (Chan da Pólvora) e ‘Bibliópatas e fobólogos’ de Emma Pedreira (Galaxia), propostos pola Asociación Galega da Crítica.

emma pedreira lupe gomez
emma pedreira lupe gomez

Dúas voces propias, dúas mulleres, dúas escritas. Lupe Gómez e Emma Pedreira veñen de gañar o Premio da Crítica 2017 que concede a Asociación Española de Críticos Literarios (AECL). A primeira, por ‘Camuflaxe’ (Chan de Pólvora). Pedreira, por ‘Bibliópatas e fobólogos’ (Galaxia). Amos os dous propostos pola Asociación Galega da Crítica. A resolución das diferentes fases de votacións tivo lugar no seo dunha reunión da AGC o día 6 de abril na Facultade de Filoloxía da USC.

34530903

Lupe Gómez (Fisteus, 1972) estréase como poeta en 1995 con ‘Pornografía’, un poemario autoeditado, para despois desenvolver unha longa traxectoria poética durante os 90 e principios dos 2000 con obras como Os teus dedos na miña braga con regra (1999, Xerais), Poesía fea (2000, Noitarenga), Levantar as tetas (2004, Espiral Maior), Azul e estranxeira (2005, Edicións do Castro), O útero dos cabalos (2005, Espiral Maior) e A grafía dos mapas (2010, Toxosoutos), ata chegar a Camuflaxe (2017, Chan da Pólvora)  Con ‘Camuflaxe’ recoñecese unha obra dunha das voces máis singulares e de extensa traxectoria na poesía galega contemporánea. O libro sobrevoa a vontade de plantexar un exercicio mimético para identificarse nun entorno no que se constata a desaparición da cultura do mundo rural e a forza do telúrico. 

descarga

Emma Pedreira (A Coruña, 1978) é unha poeta normalmente encadrada na Xeración dos 90, que leva xa publicados unha ducia de poemario, entre os que cabe destacar Casa de orfas (2006, Espiral Maior), Libro das mentiras (2010, Espiral Maior) ou s/t (2015, Edicións Xerais), así como catro libros de narrativa, Bestiario de Silencios (2001, Madame Mir), As cinzas adentras (2004 Biblos Clube de Lectores), Corazón e demais tripas (2016, Edicións Positivas) e o galardoado Bibliópatas e fobólogos (2017, Galaxia) ‘Bibliópatas e fobólogos’ constitúese como unha aposta narrativa que envolve o xénero do relato curto para reflexionar, a través de diversas historias, sobre a preseza dos libros e da escrita na vida cotiá. 

comentarios