'Confín dos verdes castros e valeroso clan!'

Luis Francisco: “As comunidades indíxenas foron obrigadas polos romanos a implicarse na explotación intensiva dos xacementos auríferos”

O arqueólogo Luis Francisco  achéganos ao o castro de Santa María de Cervantes, localizado nos Ancares, no concello de Cervantes. Situado na bacía do río Navia, intensamente explotada polos romanos para a extracción de ouro. Unha nova entrega do coleccionábel ‘Confín dos verdes castros e valeroso clan!’.

 

Luis Francisco

Como poderías definir os “Castros Mineiros” como o de Santa María de Cervantes?

Poderiamos describir os Castros Mineiros como recintos con morfoloxía castrexa cuxas obras de delimitación foron realizadas con novas técnicas distintas das tradicionais e que están estreitamente relacionadas coas explotacións auríferas.

Trátase dun grupo relacionado dun modo máis ou menos directo coa minaría. A distribución xeral destes asentamentos asóciase ás explotacións auríferas e constrúense no momento no que se poñen en marcha as explotacións auríferas romanas

A planificación na construción deste castro parece evidente, pondo como exemplo, as estruturas de drenaxe. Estariamos a falar, entón, dunha posíbel colaboración entre indíxenas e romanos no momento da construción?

Este modelo territorial encaixa coa existencia de documentos que reflicten a precoz organización dirixida por estratexias plenamente romanas, como se pode deducir do Edicto do Bierzo do ano 15 a. C ou a Tabula Lougeiorum, do ano 1 d. C. e uns anos despois, a táboa de hospitalidade do Caurel (28 d. C.). En todos eles rastréxanse os cambios destinados a asegurar o control de Roma sobre os recursos e poboacións conquistados.

Podería falarse dun pacto “voluntario” entre romanos e comunidades indíxenas en relación á organización das explotación auríferas ou podería tratarse dun sometemento que implicou movementos de poboación?

As comunidades indíxenas foron obrigadas a implicarse na explotación intensiva dos xacementos auríferos e doutros recursos da zona.

Un bo exemplo da recolocación das comunidades castrexas en relación co laboreo mineiro intenso é o caso do Castro de Santa María de Cervantes.

Neste castro tamén as cronoloxías ofrecidas polos resultados das datacións 14 C que parten da metade do século I a. C reflicten unha ocupación temperá

Subscríbete

As subscritoras e subscritores recibirán as entregas do coleccionábel, de terzas a sextas feiras, cada día con Nós Diario, ben en papel ben para a lectura na nube, en función da modalidade elixida. Se non es asinante, podes sumarte en nosdiario.gal, ou ben podes reservar o diario en papel nos quioscos.

Comentarios