Lorena Conde gaña o 'Cidade de Ourense' de poesía

Con As puntas da Louza. Cancioneiro popular de labor
lorenaconde

As puntas da Louza. Cancioneiro popular de labor, de Lorena Conde, ven de resultar gañador da 36ª edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, que convoca o Concello.

 O certame premia o mellor traballo inédito e orixinal escrito en lingua galega ou portuguesa e está dotado cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra gañadora.

O xurado estivo formado por Cesar Lorenzo, Edelmiro Vázquez e Charo Lopes, gañadora de edición pasada, e destacou a "calidade lingüística e a estética coidada" da obra, así como a coherencia no discurso que soubo visibilizar a inspiración nas formas tradicionais da música tradicional e relixión, reformulándoas dunha maneira transgresora. A escritora de Pontesampaio remata así o mes de setembro acadando un segundo galardón tras ter gañado o III Premio María Victoria Moreno de relato.

Comentarios