Lois Patiño gaña o Premio Locarno con 'Costa da Morte'

O director vigués foi galardoado como o mellor director emerxente na 66ª edición do Festival de Film de Locarno

photo_camera [Imaxe: @OtrosCines]

Este sábado déronse a coñecer @s premiad@s no Festival de cinema desenvolvido esta fin de semana en Locarno (Suíza). Entre el@s, Lois Patiño foi galardoado como o mellor director emerxente na sección “Cineasti del Presente” polo documentario Costa da morte no que retrata a vida desta comarca da Galiza a través das persoas que moran e traballan nela. 

O xurado, composto polos cineastas Hartmut Bitomsky (Alemaña), Daniele Gaglianone (Italia) e Nicolás Pereda (México), a programadora Tina Fischer (Dinamarca) e a cantante e compositora Peaches (Canadá) consideraron a obra do vigués como a mellor da súa categoría e concedéronlle un premio en metálico por valor de 20.000 francos suízos.

Patiño posúe unha intensa traxectoria profesional que o levou a presentar as súas obras por todo o mundo entre os que se atopan máis dunha ducia de festivais internacionais.

Imaxe capa: @OtrosCines

Comentarios