Lois Patiño gaña o Play-Doc con 'Costa da Morte'

O documentario, galardoado nacional e internacionalmente, foi o trunfador do Festival de documentais Play-Doc en Tui. 

Costa da Morte de Lois Patriño foi o documentario galardoado na X edición do Festival Internacional de documentais Play-Doc decorrido en Tui. O directo vigués recolleu o seu galardón e un premio de 2.000 euros por unha peza audiovisual da que o xurado salientou "o rigor formal" que foi capaz de mesturar coa "cun retrato vivo dun lugar e dunha comunidade". 

Pola súa banda, o tamén vigués Diego Ramos, recolleu a mención especial do xurado por Stop in the Prouding Heart, do que foi director de fotografía e no que Ramos mesturou "o real e a invención" con profesionalidade, segundo salientaron desde o Play-Doc. 

Comentarios