Linho do Cuco e Taghatai na representación galega en Lorient

Linho do Cuco, Taghatai, grupo de música e danza A.C. Traspés, os gaiteiros Anxo Lorenzo, Edelmiro Fernández e Pablo Seoane Méndez mais a Banda de Gaitas de Forcarei compoñen a representación galega no Festival Interceltique de Lorient que terá lugar do 2 ao 11 de outono. 

Liño de Cuco
photo_camera Liño de Cuco

A banda Linho do cuco levará a Lorient o seu novo disco “Xira das Alegrías”, un traballo no que ofrecen sons do interior do país, cun repertorio de música de tabernas, banda, verbena e orquestras. A banda do Deza está composto por ex-alumnos de aCentralFolque, Centro Galego de Música Popular, con quen traballan en parcería artística, e son xa unha agrupación con sólida presenza no panorama musical con tres discos editados. 

Arredor de 700.000 persoas asisten cada verán ao Festival Intercelta de Lorient que programa as máis relevantes propostas da coñecida como música celta desde 1971. NO programa deste ano inclúen tamén concertos de Sinead O´Connor, Titi Rovin, Tuenda, Capercaille ou  Clannad nun ano dedicado a Asturias.

Comentarios