FESTA LITERARIA

“Unha lingua de premio” pon en valor os galardóns que promoven o galego

A área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra organiza a próxima cuarta feira unha festa literaria na que porá en valor os premios de literatura, xornalismo e investigación que promoven o uso do galego.

PRESENTACION-FESTA-LITERARIA
photo_camera Ledicia Costas e Xosé Leal na presentación do festival

“Unha lingua de premio” é o lema co que o Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra convoca a festa literaria que terá lugar esta cuarta feira, 26 de setembro, coincidindo co Día Europeo das Linguas, ás 19.30 horas, no Salón de Plenos do Pazo provincial, para salientar o papel dos premios de literatura, de xornalismo e de investigación que tiveron historicamente na normalización do galego.

“Pontevedra vístese de festa porque temos moito que celebrar e festexar e creo que temos unha lingua de premio, mais que moitas veces nos esquece”. Así se pronunciaba na presentación da festa Ledicia Costas, encargada de conducir o evento, quen agregaba a importancia de contar con actos que recoñezan o labor creativo no campo da literatura.

A música correrá da man da banda Xardín Desordenado, que interpretará poemas musicados. Tamén actuarán as actrices Iria Pinheiro e Ailén Keidelman, que preparán unha peza teatral na que darán cabida as gañadoras e gañadores da edición 2017 dos premios que se convocan nos concellos pontevedreses. Ademais, estará presente o deseño coa ilustradora Paula Pereira, que realizará unha peza de cerámica cun deseño ad hoc para o evento.

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, explica que nesta festa literaria se darán cabida aos premios que emanan de convocatorias de concellos e que en moitos casos contan co apoio da Deputación a través das axudas a programas de dinamización do galego, creadas no presente mandato.  Ademais neste aco recoñecerase simbolicamente a traxectoria do Festival da Poesía do Condado e de Manuel Bragado.

Relación de premios e concellos

Premio de Poesía Johan Carballeira. Concello de Bueu

Gañadora: María Reimóndez. Obra: Galicia en bus

Premio de Xornalismo Johán Carballeira. Concello de Bueu

Gañadoras Ex aqueo

María Obelleiro Hermida por O apartheid sanitario na Galizapublicado en Sermos Galiza.

Montse Dopico pola reportaxe Galaxia vs GalaxiaA construción de hexemonía cultural.

Premio Matilde Bares de relatos de igualdade. Concello de Bueu

Deserto na convocatoria 2017

Premio de Teatro Romaría ViKinga. Concello de Catoira

Gañadora: Carla Villanustre. Obra: Eternidade

Premio de Relato Breve Nélida Piñón. Concello Cerdedo-Cotobade

Gañador: Daniel Asorey. Obra: Anatema (fallado en 2018)

Premio de investigación en Humanidades e Ciencias sociais

‘Olimpio Arca'. Concello de Cuntis

Gañador. Xosé Fuentes Alende. Obra: Os exvotos na relixiosidade popular galega.

Premio de novela Manuel García Barros. Concello da Estrada

Gañador: Marcos Calveiro. Obra: O xardineiro dos ingleses.

Premio de poesía Avelina Valladares. Concello da Estrada

Gañadora: Carmen Caramés. Obra: As idades perdidas.

Premio de Teatro MOME Varela Buxán. Concello da Estrada

Gañadora: Fernando Castro Paredes. Obra: Pallaso

Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. A Estrada

Gañador: Armando Requeixo, polos artigos: "Rosalía voa alto", "Palabras para o Alén", "Lingua Zombi", "Cando iso non pode pasar aquí" e "De rosas e letras".

Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. Concello de Fornelos de Montes

Gañador: Antón Lopo. Obra: Corpo

Premio xornalístico Manuel Lueiro Rey. Concello de Fornelos de Montes

Gañador: Xoán Carlos Domínguez Alberte, polo artigo O segredo mellor gardado.

Certame de Relato Curto FANPA de Pontevedra

Categoría Primaria: Nuria Costas Misa. Un gran cambio.

Categoría Secundaria: Olalla Castrillo Sánchez. Xiros de luz.

Categoría BAC: Paula Estévez Casales. Báratro.

Categoría adultos: Sergio Meis Casalderrey. Verbas esquecidas.

Certame ‘Balbino' de relato curto. Concello de Vila de Cruces

Gañador: Ricardo Cid. Obra: De que falarán as árbores.

Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Concello de Valga

Gañador: Rafael Quintía. Obra: Ritualista protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega

Gañadora: Natalia Sueiro Monje. Obra: A veiga máxica. Rescate da cosmovisión popular no municipio de Valga.         

Premio Viadutos de Novela. Concello de Redondela

Gañadora: Ana R. Figueiredo. Obra: Os bicos Feridos (fallado en 2018)

Premio Lueiro Rey de Novela Curta. Concello do Grove

Gañador: Lionel Rexes. Obra: A raíña das velutinas.

Comentarios