Cultura

'Limbo' e 'Neno bonito' son cantidatas aos "Goya da curtametraxe"

Descobre as curtametraxes galegas nomeadas aos Premios Fugas, considerados os "Goya da curtametraxe".
2020050815404581779
photo_camera 'Limbo', de Dani Viqueira.

As curtametraxes galegas Limbo, de Daniel Viqueira, e Beautiful boy (neno bonito), de Fran X. Rodríguez, foron nomeadas aos Premios Fugaz 2020, presentados o día de onte nun acto virtual. Estes galardóns representan os Goya da curtametraxe, segundo teñen por alcume.

Trailer LIMBO by Dani Viqueira from BANATU FILMAK on Vimeo.

Entre os nomeados nas 19 categorías que contempla o certame, Limbo opta a cinco: Mellor Dirección Novel, Mellor Montaxe, Mellores Efectos Visuais, Mellor Maquillaxe e Perrucaría e Mellor Son. A peza narra a historia de violencia dunha familia que vive illada nunha granxa. Xosé, incapaz de aceptar a nova realidade da súa vida, remata caendo nunha espiral de autodestrución pola que arrastra a súa muller e a súa filla. O debut de Viqueira xa colleita éxitos noutros certames, entre os que destaca o Mèlies de Prata no Festival Court Métrange de Rennes, que o coloca na carreira polo recoñecemento de mellor filme fantástico europeo, o Méliès de Ouro, que se entregará no Festival de Sitges en 2020.

Trailer LIMBO by Dani Viqueira from BANATU FILMAK on Vimeo.

Por outra banda, Beatiful Boy (neno bonito) presenta unha comedia negra sobre a importancia da pegada que deixamos no mundo, co consumismo como pano de fondo, protagonizada polo actor Denís Gómez. Esta obra opta a dous premios: Mellor Guión e Mellor Montaxe. Outra curtametraxe de produción galega, El gran Corelli, de Abel Carbajal, está nomeada a Mellor Banda Sonora Orixinal e a Mellor Animación.

Entre o resto de finalistas salienta Xiao Xian, do barcelonés Jiajie Yu Yan, que compite en dez categorías, entre elas a de Mellor Curtametraxe. Nesta sección tamén están A la cara, de Javier Marco; Un coche cualquiera, de David P. Sañudo; e El monstruo invisible, dirixido polos irmáns Fesser.

Comentarios