O líder de Def Con Dos aumenta a listaxe de músicos xulgados por “enaltecemento do terrorismo”

César Strawberry sentará no banco dos acusados por seis comentarios en Twitter e un rechío. Grupos e cantantes que tiveron que comparecer perante a xustiza polas súas letras e/ou opinións habelos, hainos: De Javier Krahe e Albert Pla a Negu Gorriak ou SA , entre outros.

krahe

A Audiencia Nacional vén de correxir o xuíz De la Mata e ordenar que o cantante de Def Con Dos, César Strawberry, sente no banco dos acusados para ser xulgado por “enaltecemento do terrorismo” e “vexación ás vítimas” a raíz de 6 comentarios en twitter e un rechío. A Sala do Penal descarta a apelación á liberdade de expresión. O propio servizo anti-terriorista da Garda Civil foi quen peneirou e seleccionou as mensaxes nas redes sociais que levan ao banco dos acusados a Strawberry.

Non é o 'frontman' do grupo de rap-metal o primeiro músico que vai dar diante da xustiza polas súas opinións ou letras. No Estado español hai precedentes de abondo. Repasemos algúns deles.

En abril do 2014 a Audiencia Nacional condenaba a dous anos de prisión o rapeiro Pablo Hasél por “enaltecemento do terrorismo” na letras dunhda das súas cancións. O Supremo confirmaba a condena en marzo do presente ano.

Pola Audiencia Nacional tamén pasou o grupo vasco SA (Soziedad Alkólika), que foi xulgado tamén por “enaltecemento do terrorismo” polas letras de cancións como 'Explota zerdo'. O tribunal absolveu en 2006 o conxunto de Gasteiz por entender que non había apoloxía de ETA, mais di que a letra da canción en cuestión está á beira “do tipo penal de enaltecemento”.

neguMais non só de "enlatecemento do terrorismo" se nutren os xuízos da AN contra grupos e músicos. En 2012 a AN impuña unha multa de 900 euros para cada un dos tres integrantes de 'Ardor de estómago' por un delito de 'Inxurias á coroa' nun tema que, curiosamente, facía parte dun disco editado polo Concello de Segovia co gallo da IV Mostra de música xove.

Galindo VS Negu Gorriak

En 1993 Rodríguez Galindo, daquela teniente-coronel da Garda Civil, demandaba o grupo vasco Negu Gorriak por un delito de danos á súa honra e difamación. A demanda respondía ao tema 'Usterlkeria' (podredume), no que se falaba das relacións deste militar co narco-tráfico, en base a informacións saídas en varios medios (Egin, Diario 16, Egunkaria). Galindo pedía 90.000 euros e que esa canción non poidese nunca interpretarse ao vivo. No 2000 o Tribunal Superior abolvía Negu Gorriak, que celebrou a boa nova con 3 concertos de despedida: un en Baiona (4.000 persoas) e outros 2 en Donostia (13.000 persoas). Galindo foi condenado posteriormente a 75 anos de cárcere polo caso so secuestro, tortura e asasinato de Lasa e Zabala, 2 refuxiados vascos.

albert plaA Asociación de Vítimas de Terrorismo 'Verde esperanza' e diversos grupos teñen solicitado nos xulgados a paralización de concertos por entender que se aldraxaba ás vítimas ou enaltecía o terrorismo: Fermín Muguruza, SA, Su Ta Gar, Piperrak, Los Chikos del Maíz ou mesmo os italianos Banda Bassotti.

Krahe, Albert Pla e “matar a todos os de Podemos”

En 2012 o xulgado absolvía Javier Krahe dun delito contra sentementos relixiosos a raíz dun vídeo gravado en 1997 e emitido en 2004, “cociñar Cristo para dúas persoas”. Entre os denunciantes, responsábeis do  Centro de Estudios Jurídicos Tomás Moro.

En setembro deste ano a Audiencia de Valencia absolvía o cantautor catalán Albert Pla dunha falta de ameazas por dicir que “mataría a todos os de Podemos e platafirmas cidadás” aproveitando “que agora aínda non teñen cargacostas”.

Comentarios