Que facer?

Os libros, de festa en Pontevedra durante toda a fin de semana

A literatura será a grande protagonista durante toda a fin de semana en Pontevedra, na primeira Festa dos Libros da cidade. Mais a cousa non fica aí. Haivos máis ofertas para o lecer nestes días. Botádelle un ollo e que vos preste!

festa dos libros
photo_camera Un momento da presentación da Festa dos Libros [Foto: Mónica Patxot. PontevedraViva.Com]

  • Sábado

 

Como cho conto

Boqueixón 

Pico Sacro

21.30h

Cándido Pazó presenta “Como cho conto”, un espectáculo de narración oral da compañía Contraproducións. 

  • Domingo

 

Romaria Pequeninha

Narón

Lugar de Trasancos 

12.30h

Durante toda a xornada e para todas as idades, esta romaría pequeninha. Pola mañá haberá teatro de marionetas trécola, obradoiro de bolas de xabón xigantes e xogos infantís; música con Aturuxo de Melpómene e Leandro Lamas; e un xantar popular. Pola tarde, xogos populares, a Tropa de Trapo e Circus Magnificus para fechar por todo o alto. 

Inmedioteces

Barreiros

Centro Sociocultural M. Díaz Sampedro

19.00h

Espectáculo de improvisación teatral para público familiar, a cargo de Dínamo Teatro, en que se crean escenas cómicas a partir das ideas que o público vai propoñendo. 

Ceumar: xira galega

Vilar de Santos 

Arca da Noe

20.30h

Ceumar Coelho, cantora brasileira, está de volta na Galiza, con toda a súa musicalidade e a súa voz envolvente. 

Ecobueu

Bueu.

O Concello de Bueu acolle o mercado ecolóxico que celebra xa a súa novena edición cunha aposta decidida polos produtos ecolóxicos, naturais e artesanais.

  • Toda a finde

 

Festa dos Libros 

Pontevedra

Praza da Ferraía

Libros, contacontos, concertos, obradoiros, sinaturas, charlas, recitais… Un novo punto de encontro entre escritores, libreiros e amantes da lectura: velada literaria, vermú poético, encontros, paseo pola Pontevedra literaria ou diversos talleres para as crianzas. E aínda máis, concertos de Furious Monkey House, o Seminario Permanente de Jazz e o dúo Primordiais

Caruncho, sempre

Pontevedra

Sexto Edificio do Museo

Até o 8 de xullo de 2017

Exposición do artista galego recentemente falecido, unha homenaxe que se centra nas ideas clave da súa traxectoria artística ao tempo que se inclúen obras menos coñecidas. 

Comentarios