luns 25.05.2020

As librarías, "profundamente molestas" con Educación polo novo fondo de libros de texto

A Federación de Librarías de Galiza critica o “cambio de criterio” da Consellería de Educación, Universidade  e Formación Profesional, na regulación do fondo solidario de libros de texto  e material escolar.

As librarías, "profundamente molestas" con Educación polo novo fondo de libros de texto

A Federación de Librarías de Galiza expresa o seu “profundo malestar” polo “cambio de criterio” da Consellería de Educación, Universidade  e Formación Profesional, na regulación do fondo solidario de libros de texto  e material escolar destinado a educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial  para o curso 2020/2021, na que se oficializou o novo modelo de adquisición de libros..

Este ano serán os  propios centros os encargados de xestionar a compra dos libros de texto de terceiro e quinto de primaria, que se renovan por primeira vez desde hai seis anos, cando anteriormente eran os pais os que acudían á súa libraría de referencia para a súa adquisición e posterior depósito no centro educativo.

En consecuencia, o anterior sistema garantía que moitas librarías, recibisen ou xestionasen pedidos de libros deses niveis escolares. Con este cambio de modelo, as compras realizaranas os centros, que centralizarán a adquisición nun número moi reducido de entidades, “coa consecuente desfeita económica para a rede de librarías galegas”, explican.

A venda do libro escolar é a campaña máis importante para as librarías,  e este ano era “especialmente necesaria” ao permanecer pechadas durante dous meses. “O noso sector sente claramente prexudicado e enganado”, engaden.

“O anterior modelo –apuntan as librarías- foi creado tras escóitaa e participación de todos os axentes implicados e, lamentabelmente, non se modificou de forma consensuais como se fixo anteriormente. Este sistema entendemos non ten ningunha mellora adicional sobre o anterior que xustifique o claro prexuízo económico que xerará ás librarías da Galiza”.

comentarios