-Podería contar cando e como naceu a compañía 'Marinita e as súas Maromas'?
-Nós somos tres actores e unha actriz. Eduardo Domínguez, actor e transformista, foi quen primeiro comezou a traballar no mundo do espectáculo. A súa primeira interpretación foi darlle vida ao seu personaxe, Marinita no ano 2000. No ano 2014, incorporouse a primeira das Maromas. El é Nicolás Martínez, actor, dragking e bailarín, que interpreta o papel de Nico Elsker. No 2016, que foi cando cheguei eu.
Son actriz e cantante, e incorporeime como segunda Maroma baixo o nome de Leo Fever. E no ano 2018 o elenco actual quedou completado co actor e bailarín Roberto Casal, quen dá vida a Roberta, a nosa terceira maroma do MusicHall de Marinita. Os catro, tanto no que se refire a nivel individual como a nivel grupal, tíñamos claro cal eran os nosos obxectivos: buscar, a través da arte escénica, facer unha reflexión sobre o xénero. Pensamos que é moi necesario normalizar todos os corpos e as formas diferentes de amar.
-Traballan con algún formato ou rexistro específico na súa compañía?
-Nós traballamos cun formato de actuación ao que lle demos o nome de "Mércores Travestis". Desde o ano 2018, actuamos dúas veces ao mes con diferentes espectáculos e rexistros. Actualmente estamos a traballar en dous espazos diferentes: o Urban Market Mahou e o Auditorio do Centro Cívico de Teis, perto de Vigo.
Facemos espectáculos teatrais baixo o xénero de comedia musical. Nestes espectáculos, enlazamos números de baile, canto, transformismo, clown e streptease. Cada un dos nosos espectáculos é distinto, non hai un que sexa igual ao anterior. Confeccionamos diferentes dramaturxias, diferentes enredos; deseñamos novos e máis variados números musicais... Xeramos novo contido cada dúas semanas. Estamos nun proceso constante de reinvención.
-Que diría vostede que caracteriza as súas pezas teatrais?
-En 'Marinita e as súas Maromas' temos moi claro que somos unha compañía de teatro travesti. Compañía de teatro porque creamos historias, para as que empregamos a comedia musical como xénero base.
Travesti porque unha parte do noso elenco travístese e xoga a súa interpretación mediante a xestualidade, a propia forma de interpretación de cada unha de nós, a vinculación da maquillaxe e da roupa co xénero... A nosa intención é reivindicar a palabra ‘travesti’ e darlle un compoñente empoderador, artístico e positivo, que contrapoña cos estereotipos que existe sobre está realidade e as persoas que pertencen a ela.
-Sinte que a acollida entre o seu público e boa?
-O noso público potencial son as señoras de barrio, as crianzas e as familias. Temos a sorte de que a proposta foi moi ben acollida desde o comezo, non paramos de traballar desde o ano 2018. Isto é posíbel grazas ao apoio das nosas familias, das amizades e do marabilloso público que asiste as nosas obras e que nos abraza semana a semana. Por iso somos conscientes de que o futuro de Marinita e as súas Maromas pasa polo traballo, traballo é máis traballo. Debemos seguir a crear máis espectáculos e xerar contido novidoso día a día. Agardamos chegar a máis xente, facer rir e continuar coa loita polo colectivo LGTBIQ+.
-É importante que as institucións dean un maior apoio a proxectos desenvoltos por colectivos silenciados historicamente?
-É esencial que a sociedade e as institucións formen parte da loita do colectivo LGTBIQ+. É importante que as institucións cedan espazos e apoien economicamente este tipo de proxectos tanto na Galiza como no resto do Estado español. A visibilidade e normaliza