Lembranza de Moreda na homenaxe ao Consello da Mocidade do que foi máximo dirixente

Será o sábado 8 de febreiro ás 17:00 horas na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o lugar no que naceu. BNG e Galiza Nova homenaxean ao Consello da Mocidade no cuarto cabodano da morte de Antón Moreda, o seu Secretario Xeral. Música e a poesía de Xavier Baixeras, poeta ao que Moreda admiraba, amais da presentación do libro e audiovisual arredor do Consello da Mocidade. 

Moreda
photo_camera Moreda

O BNG e Galiza Nova promoven a homenaxe ao Consello da Mocidade que terá lugar o vindeiro 8 de febreiro ás 17:00 horas na Praza do Souto de San Miguel de Reinante, coincidindo co cuarto cabodano da morte de Antón Moreda, o que fora o seu máximo dirixente. 

A xornada ten como obxectivo recuperar a memoria da primeira organización do nacionalismo despois do golpe militar de 1936, da que o pasado ano se cumpría o 50 aniversario da súa disolución. 
 
Bautista Álvarez, María Xosé Queizán, Méndez Ferrín, Manuel María, Saleta Goi, Xosé Antonio Arxona, Raimundo Patiño,Luís González “Foz”A López Casanova ou García Bodaño participaron desa organización na que Antón Moreda ocupaba o cargo de Secretario Xeral. Ao Consello da Mocidade, Moreda chegara desde a súa participación nas Mocidades Galeguistas en Bos Aires na que fora Secretario Xeral.

Mocidade na vangarda

Ana Ermida, Responsábel Comarcal do BNG, explicou que o acto, promovido polo BNG e Galiza Nova e ao que se sumarán diversos colectivos sociais e sindicais, estará dividido en dúas partes, unha primeira na Praza do Souto no que, canda a música de grupos da Mariña terá un especial protagonismo a poesía do ribadense Xabier Baixeras, un dos poetas de referencia de Antón Moreda a quen coñeceu nos anos 60 na casa de Reimundo Patiño en Madrid. No acto intervirán tamén Ana Ermida e a secretaria de Organización de Galiza Nova, Andrea Martíns. “Son as novas xeracións, igual que aquela da que fixo parte Moreda a quen lle toca situarse máis unha vez a vangarda da loita que nos é común, isto é unhas condicións de vida digna para o noso pobo, unha patria farturenta que se xa quen de manter aos seus fillos e non expulsalos a emigración como aconteceu con Moreda e volve a acontecer hoxe e a seguir pola restauración que nos define, isto é unha cultura de nos en perigo de extinción”, defende Ana Ermida, dunha homenaxe na que Galiza Nova e a mocidade terán tamén protagonismo. 

A seguir, presentarase nas antigas escolas de San Miguel de Reinante o libro de Uxío Breogán Diéguez Cequiel e de Xoán Carlos Garrido e se proxectará o documental sobre o Consello da Mocidade. “Sentímonos herdeiros do Consello da Mocidade porque a nosa é a herdanza de Castelao porén este compromiso alén de carga histórica e responsabilidade de dotar de máis corpo a alternativa nacionalista en Galiza, máis corpo a alternativa nacionalista que significa unha Galiza con futuro, unha Galiza con futuro que precisa dunha patria soberana, unha patria soberana ao fin que precisa de organizacións políticas propios e non mera sucursais das que operan no ámbito do Estado como afirmaba o noso Daniel Castelao e como pretenderon os mozos e mozas do Consello en loita contra Piñeiro”, explicou Ana Ermida.

Comentarios