Leiras Pulpeiro e Celso Emilio pechan o ano en “O pazo das musas”

A revista oral do Museo Provincial de Lugo, “O pazo das musas” pecha o día 27 o ano co número 31 dedicado a Leiras Pulpeiro e Celso Emilio Ferreiro, no fin dun 2012 no que se conmemorou o centenario da morte do primeiro e do nacemento do segundo.
Leiras Pulpeiro
photo_camera Leiras Pulpeiro

O 2012 uniu a Manuel Leiras Pulpeiro e Celso Emilio Ferreiro na conmemoración dos seus centenarios. Cen anos da morte do mindoniense e do nacemento do celanovés. Desta volta, a revista oral “O Pazo das Musas” xúntaos nunha homenaxe que centra o seu número 31, o derradeiro do ano 2012.

O crítico Armando Requeixo, os xornalistas de Radio Lugo, Paco Nieto e Tania Lombao que falarán de “O son da fala” ou Pilocha, que musicará poemas dos dous autores, son algunhas das persoas participantes da homenaxe. A revista contará tamén coa participación de alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro que lerán poemas do autor que lle pon nome ao centro.

Vídeos elaborados por centros escolares máis recitado popular recóllense tamén no índice da revista, nunha lectura que quedará rexistrada no novo proxecto “Banco de Voces de Radio Lugo” que comeza a andar nesta mesma xornada.
 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios