Rock e outras lerias

Lendakaris Muertos: poderán cortar a droga pero non a primavera

Lendakaris Muertos, a banda máis  politicamente incorrecta e sarcástica do punk acaba de sacar novo disco que titularon, homenaxeando a Neruda, Poderan Cortar a Droga pero non a Primavera. Un disco lehendakarísimo e unha vez máis non da puntada sen fío en cada unha das súas letras.

Lehendakaris_Promo (1)
photo_camera Lehendakaris_Promo (1)

Grabado durante a xira Pandamericana, o novo traballo de Lendakaris Muertos sorprende por dúas cousas: Pola súa calidade e pola súa curta duración. Se ben a banda nos ten acostumados a discos con máis contido, este novo plástico non vai máis alá dos 16  minutos.  O motivo non é outro que ao ser gravado durante a súa xira en América,   o tempo era bastante limitado.  Para compensalo, co disco, a banda agasalla un DVD coa gravación do concerto que deron na sala But de Madrid.

O único tema que dedican neste traballo ao conflito vasco, é Gore Eta,  tema como que abren o disco trala introdución.  Un tema totalmente ramoniano onde xa se nota ese chanzo musical que  avanzou a banda. As melodías son máis coidadas e nos retrousos coidan máis a afinación harmónica. O tema onde máis se pode notar esta evolución e sen dúbida Odio los Partidos, que non é unha versión de La Polla Records, se non un tema en contra do fútbol. Este é o tema más grande da banda, onde xa dende incio, o riff    da guitarra anuncia como estamos ate un tema máis maduro do que nos tiñan acostumados. O tema gravado nun medio tempo, mima a melodía pouco a pouco até chegar a facer uns pequenos xogos vogais no retrouso.

Neste traballo,  xunto coas homenaxes a Neruda, Ramones, Ultimo Resorte  ou La Polla Records, as letras cargan ironicamente contra o uso abusivo das novas tecnoloxías, como deixan claro en Lamentablet, ou noutra pequena xoia titulada El 4k se Llevó a mi Chica  ou Fotomatón. Volven unha vez máis a falar do speed,  en Speederman e fan un alegato contra a violencia machista en No Ez No. Todo coa dose de humor e sarcasmo que implica a marca Lehendakaris Muertos.

Culpa de todo este novo crecemento musical radica sen dúbida na incorporación á banda de Josemi á guitarra. Coa experiencia acumulado como músico en bandas como Ska-P, nótase de xeito satisfactorio a súa aportación ao traballo da banda. Malia esta evolución, a banda non deixa de sonar a eles mesmos dende o primeiro acorde. Sen dúbida este paso era necesario agora que a banda chegou ao nivel que chegou e que sen dúbida precisaba de un afianzamento técnico.  Se tivera que definir este traballo, empregaría sen dúbida o título da canción de peche: Isto é Lehendakarísimo.

Web: http://lendakaris.com

Facebook: https://www.facebook.com/lendakaris/

Comentarios