Patrimonio Inmaterial

“O latexo do tempo humano”, un retrouso inmaterial da artesanía

Illa Bufarda estrea esta quinta feira 12 de decembro ás 18.30 horas un documental sobre a conservación do patrimonio inmaterial no Museo do Pobo Galego.
Fotograma de 'O latexo do tempo humano' (Illa Bufarda)
photo_camera Fotograma de 'O latexo do tempo humano' (Illa Bufarda)

Esta quinta feira 12 de decembro o Museo do Pobo Galego acolle a estrea de O latexo do tempo humano, o último traballo documental de Illa Bufarda.

A obra nace dun estudo de tres pezas de madeira carbonizada atopadas no Castro de Castromaior (Lugo), realizado pola investigadora María Martín Seijo, da Universidade de Santiago de Compostela.

No audiovisual, tres artesás reflexionan sobre unha culler, un cesto e unha vasilla, obxectos que nos transportan directamente á vida cotiá das comunidades antigas e nos conectan co pasado.

O diálogo coas pezas e procesos de produción supón unha achega ao patrimonio inmaterial asociado ao traballo dos materiais vexetais, á cestaría e á tornaría. De tal xeito, o filme é unha aproximación “á materialidade efémera das comunidades da Idade do Ferro”.

No acto, que terá lugar ás 18.30 horas, intervirán a propia María Martín Seijo; Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego; Sabela Iglesias e Pilar Abades, de Illa Bufarda, e as tres protagonistas do filme, Lolo de Severiano (Manuel Castro), Tito Ledo e Lola Tourón.

Comentarios