martes 07/12/21

Laiovento ofrece libros de balde "para axudar a levar o distanciamento social"

A editora galega abre a descarga dixital dos libros Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, Os monos de Laxeiro e A saúde como negocio.
tablet
Un dos libros ofrecidos de balde por Laiovento debulla a corrupción coa que se vén relacionando á monarquía española (Foto: Nós Diario).

Co obxectivo de "axudar a levar o distanciamento social", e mentres dure o confinamento pola pandemia da COVID-19, Edicións Laiovento ofrece totalmente de balde a descarga dixital de tres títulos da súa colección

Trátase de Os Borbóns: unha monarquía escandalosa, Os monos de Laxeiro e A saúde como negocio.

O primeiro é un volume no que ,a través das súas case 350 páxinas, Manolo Monge debulla as miserias da monarquía española.

Pola súa banda, en Os monos de Laxeiro realízase unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa.

Finalmente, en A saúde como negocio, Laiovento presenta un conxunto de textos de carácter divulgativo, dirixidos a un público non profesional, coa pretensión de describir e analizar as decisións políticas levadas a cabo polo PP no terreo sanitario desde que, no ano 2009, ocupou o poder na Xunta de Galicia.

Desta forma, a editorial quer contribuír a un confinamento no que grazas á lectura poida haber espazos de lectura para o lecer e de coñecemento. 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Laiovento ofrece libros de balde "para axudar a levar o distanciamento social"
comentarios