Ksal, o mariñeiro que pintaba a bordo dun pesqueiro

Hoxe inaugurouse no Instituto Camoes de Vigo ‘Ksal e outras historias do mar’, a primeira exposición en Galiza dun mariñeiro pintor que realizaba os seus cadros a bordo dos propios barcos pesqueiros.

ksal
photo_camera Parte dun autorretrato de Ksal

Como de tantos outros heroes anónimos do mar, o seu descubridor foi Xurxo Souto, quen escribiu sobre Ksal no seu libro ‘Contos do Mar de Irlanda’ onde xa falaba da necesidade de facer unha exposición aquí, en Galiza, logo de expoñer en Terranova, na illa de Saint Pierre-et-Miquelon.

Segundo Xurxo Souto, José Casal Cerqueira, “Ksal, foi un gran artista. Un maquinista de Coia que pintaba e creaba esculturas abordo dos pesqueiros. Chegou a expoñer en Terranova, mais nunca chegou a facelo nesta banda. Ksal morreu hai uns anos, e agora a súa familia verá por fin cumprido este soño”.

Segundo Xurxo Souto, “Ksal, foi un gran artista. Un maquinista de Coia que pintaba e creaba esculturas abordo dos pesqueiros. Chegou a expoñer en Terranova, mais nunca chegou a facelo nesta banda. 

E esta proposta chegou a bo porto hoxe sexta feira coa inauguración desta mostra de toda a súa obra: 23 cadros que o autor tiña repartidos entre a súa familia. A asociación de veciños Casco Vello de Vigo recolleu a luva lanzada por Souto, recompilou os óleos e montou a expo, xunto cunhas xornadas sobre o mar que se celebrarán cada sexta deste mes.

ksal2

Segundo nos contou Xerardo Feijoo, coordinador da exposición, esta xesta celebrouse a inauguración, con charla posterior coa familia. A seguinte sexta, o 16, proxectarase o documental sobre os Gaiteiros do Mar de Hío, “que levaban as gaitas ás mareas”. O día 23 será a quenda do documental sobre o primeiro tesouro vivo do Casco Vello de Vigo, con charla de Isidro Marcial. E as xornadas rematarán co propio Xurxo Souto contando “Historias de Terranova” e a posterior actuación musical del mesmo xunto cos Falperrys, un de cuxos compoñentes é neto de Ksal. “E así pechamos o círculo”, di Feijoo. 

Comentarios