Filosofía e fronteira

Joseba Achotegui: “Hai que pór o foco nos migrantes e non na migración”

O psiquiatra e profesor Achotegui resalta no seu relatorio na Semana Galega de Filosofía que o ser humano é migrante por natureza, pero as condicións nas que o fai na actualidade son extremas e nada teñen que ver coas de hai 30 anos cara a América.

joseba
photo_camera Joseba Achotegui

A 36 edición da Semana Galega de Filosfía que decorre en Pontevedra baixo o título 'Filosofía e fronteira’ acolleu no Teatro Principal de Pontevedra o relatorio do psiquiatra e profesor da Universidade de Barcelona Joseba Achotegui.

Ao comezo do seu relatorio, Emigrar en situación extrema, Achotegui sinalou a importancia de poñer o foco nas e nos migrantes e non na migración, xa que non deixa de ser un construto moitas veces manipulábel. “É máis sinxelo achegarse a unha persoa que a un construto”, afirmou, e engadiu que os seres humanos somos bos emigrantes e seguramente esta capacidade nos diferencia como especie, salientando a adaptación do ser humano a todo tipo de contextos como vivir nos polos, no deserto e “proximamente no Espazo”, prognosticou.

Cada día esteamos a ler noticias sobre construción de novos muros

O profesor resaltou que os primates humanos xa foron migrantes como os Australopitecus hai 3.000.000 de anos, 2.000.000 o Homo Erectus e hai 100.000 anos o Homo Sapiens sapies. “É unha característica evolutiva como especie”, sinalou.

Lamentou que cada día esteamos a ler noticias sobre construción de novos muros, e reflexionou que os seres humanos non temos raíces, senón que temos pés que nos permiten movernos. Achotegui avogou por estudar como se vive a migración a día de hoxe a nivel psicolóxico, “nun momento no que é complicado atopar novos horizontes”.

Comentarios