Jorge Coira será o Premio de Honra do Festival de Cans

Coira é autor das premiadas '18 comidas' e 'Hierro' entre outras
[Imaxe: TVG] Jorge Coira

A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival de Cans, acordou conceder a distinción de Honra do certame o Premio Pedigree, ao director lucense Jorge Coira (Rábade, 1971). A organización do certamen considera a Jorge Coira como unha figura fundamental no desenvolvimento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos.

Desde mediados dos anos 90, Coira desenvolveu unha intensa carreira, primeiro como curtametraxista, e posteriormente como guionista, montador, e director de series de televisión e longametraxes

Coira recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XVIII Festival de Cans, que terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro.

Desde mediados dos anos 90, Coira desenvolveu unha intensa carreira, primeiro como curtametraxista, e posteriormente como guionista, montador, e director de series de televisión e longametraxes, na maior parte dos casos desenvolvendo uns códigos cinematográficos en clave galega. 

Desde que comezara hai 25 anos dirixindo unha curta emblemática como O Matachín, protagonizada por Luís Tosar, Coira continuou asinando longametraxes como a premiada 18 Comidas e, mais recentemente, Eroski Paraíso, que co-dirixiu xunto a Xesús Ron, ademais de dirixir a exitosa serie Hierro, que recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Ondas á mellor serie de televisión. 

En paralelo, Jorge Coira desenvolveu unha reputada carreira como montador, que o levou a conseguir en 2016 o Premio Goya á mellor montaxe, polo filme El Desconocido, dirixido por Dani de la Torre.

Segundo a organización, "o Festival de Cans quere recoñecer tamén con este premio a Jorge Coira, a súa traxectoria e implicación nas asociacións profesionais galegas, a través de entidades como a Academia Galega do Audiovisual ou CREA, a Asociación de Realizadoras e realizadores galegos, da que foi presidente e desde a que impulsou no seu día un acordo de colaboración co Festival de Cans."

Comentarios