John Irving: "Hemingway é a maior fraude da historia da literatura norteamericana"

Choque de egos. O mau é que un deles non pode contestar. John Irving (1942) visitou recentemente Barcelona, para apresentar o seu último libro, En una sola persona. O autor de The World According to Garp deitou un titular talvez perfeitamente calculado: "Ernest Hemingway é a maior fraude da historia da literatura norteamericana"

John Irving
photo_camera John Irving

Irving é un discípulo confeso de Dickens. Hardy, Melville o Flaubert tamén son para el modelos de armar literatura. "Síntome moi afortunado por os ter como modelos. Antes do que eles, a miña fonte de inspiración proviña do teatro. Shakespeare. Sófocles. Querer imitalos é pisar un terreno moi seguro", dixo o escritor norteamericano á imprensa en Barcelona.

Si, Dickens, sempre Dickens. Mas non Hemingway. O autor de The Sun Also Rises é o contramodelo para Irving, quen detesta a súa revindicación testosterónica da masculinidade. Son palabras maiores. O contrario do amor. "Sempre odiei Hemingway, desde adolescente. Ficaba envergoñado pola representación da súa masculinidade, que era como unha brincadeira, e tamén ficaba envergoñado por como escrebía. Se só podes escreber frases curtas, dedícate á publicidade".

Irving mete tamén para dentro o xornalismo: "Hei de dicer que a formación de xornalista non o vai axudar como escritor. Era un escritor alcohólico sobrevalorado. E foi o responsábel dunha vaga literaria cun monte de imitadores. Eu gosto muito da complexidade, da frase complicada, as historias complicadas. Hemingway é a fraude máis grande da historia da literatura norteamericana, como home e como escritor".

Comentarios