Arrinca o encontro na Guarda

Izan as velas para inaugurar o Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda

A XIV edición do Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda arrincou cun percorrido polo recinto feiral e un paseo a bordo dunha das embarcacións, culminando o acto inaugural co izado das velas das naves participantes deste evento que reúne barcos da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Portugal e Irlanda.

Embarcacións durante a anterior edición [Imaxe: EncontroEmbarcaciónsTradicionaisGalicia ]
photo_camera Embarcacións durante a anterior edición [Imaxe: @EncontroEmbarcaciónsTradicionaisGalicia ]

A Guarda inaugurou a súa xa XIV edición do Encontro de embarcacións tradicionais cun acto de apertura esta quinta feira 11 de xullo na que centos de veciñas, veciños e visitantes de distintos puntos do país puideron ver as distintas naves que participan no evento procedentes da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Portugal e Irlanda.

As persoas asistentes puideron gozar do concerto do cantautor guardés Tino Baz, quen estreou o seu novo disco de homenaxe a Rosalía de Castro, Se cantan, é ti que cantas. O artista, que triunfou na primeira noite do encontro, cantou varios temas co acompañamento de Cantares do Brueiro, un grupo formado por 35 persoas de todas as idades que xurdiu dun taller de música tradicional galega que dirixe o propio autor.

No acto inaugural salientouse a importancia da festa como elemento dinamizador e divulgador do patrimonio marítimo e fluvial da Galiza

No acto inaugural salientouse “a importancia da festa como elemento dinamizador e divulgador do patrimonio marítimo e fluvial da Galiza”, en palabras do presidente da entidade co organizadora Culturmar, Manuel García Sendón.

Joaquín Cadilla, presidente da Asociación Piueiro, quixo agradecer o esforzo do voluntariado e da veciñanza realizado nas últimas semanas para que a edición deste ano na Guarda “sexa inesquecíbel”. Tamén interviron no acto inaugural a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez, pola Deputación de Pontevedra Carlos López Font, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quen destacou os valores da vila e da veciñanza, afirmando que "A Guarda é unha vila deleitada no mar bravo, aberto. Unha vila que nace e vive ao carón do mar”.

Massó mesa de enlatado contínuo 1970O mar tamén ten mulleres

Dentro do XIV Encontro de embarcacións apresentouse a mostra O mar tamén ten mullerespromovida polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo–A Guarda co obxectivo de visibilizar o traballo das mulleres que dedicaron a súa vida ás tarefas do mar no territorio do GALP 7, que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda. 

A fotografías desta instalación constitúen unha crónica da vida nas comunidades pesqueiras ao longo do século XX que axudan a contar a historia completa, incluíndo a de aquelas que realizaron labores non remunerados 

A fotografías desta instalación constitúen unha crónica da vida nas comunidades pesqueiras ao longo do século XX que axudan a contar a historia completa, incluíndo a de aquelas que realizaron labores non remunerados e que compaxinaron o coidado das familias co mantemento dos aparellos de pesca ou o restrelo dos areais.

 O acto foi conducido pola actriz Marta Pérez que lembrou que “a industria pesqueira na Galiza está en débeda co rol e traballo desenvolvido polas mulleres no mar” e reclamou as autoridades o recoñecemento desta realidade e colaborar a crear referentes “para que nas xeracións vindeiras academos a igualdade real”.
 
As mariscadoras, as redeiras, as carrexonas, as percebeiras, as peixeiras, as traballadoras da salga e a conserva, as bateeiras e todas as mulleres do mar están presentes nesta exposición fotográfica.

Marta Pérez lembrou que “a industria pesqueira na Galiza está en débeda co rol e traballo desenvolvido polas mulleres no mar

 
Recolléronse para esta exposición case 150 fotos das que foron seleccionadas 30 para formar parte da instalación e do catálogo online, que pode consultarse na web do Galp7. Ademais, coas fotografías recibidas elaborouse tamén un vídeo que se proxectará durante a mostra.

Actividades continuadas

Até o 14 haberá todo tipo de actividades relacionadas co mar. Este sábado continuarán as actividades co inicio da navegación das embarcacións, que collerán rumbo cara ao Mosteiro de Oia e o domingo será na beiramar da Guarda.

Na Guarda hai varios miradores dende os que se pode facer un seguemento das navegacións desde terra. Un dos máis aconsellábeis é o Monte Santa Trega.

Entre as actividades en terra salientan as Mostras de patrimonio marítimo e fluvial e as exposicións Vento nas velas de Xurxo Lobato, Refachos (con fotos da edición anterior deste encontro), A filatelia do mar, Soncheo dos mares da Guarda, Marcas mariñeiras (pola asociaicón Anabam), Póvoa de Varzim e Encontro nas escolas.

Tamén haberá mostras e obradoiros organizados pola asociación Redeiras de Atalaia da Guarda e a escola de canteiros de Poio, entre outros.

Presentaranse ademais as publicacións Nova Ardentía, o número 11 da revista Culturmar, O sacosmeiro de Xerardo Triñanes, O Povoeiro de Santos GraçaEpopeia dos humiles de Santos Graça, Os Cadilhe de Arteiro Reis, As marcas dos mariñeiros da Guarda editado por Anaba, e Embarcaçoes avieiras do arquivo Simões Dias.

Concertos no peirao

As noites do 11 ao 14 de xullo a programación Sons mariñeiros xuntará durante os catro días do encontro no peirao da Guarda os e as artistas  Nadia Vázquez Trío, a Agrupación musical da Guarda e Maria do Ceo, Andrea Pousa, o Orfeón do Berbés e Rock guardés.

Tamén haberá música baixo o sol das mañás e das tardes coa sesión vermú, baile tradicional e poesía de ambas beiras do Miño, cantos de taberna e regueifa.

Comentarios