APRESENTACIóN DO A FONDO EN VIGO

Interésache saber como se fomenta de verdade a lectura?

A libraría Cartabón acollerá esta sexta feira (20 horas) a apresentación en Vigo do A Fondo que o pasado mes de novembro dedicamos á lectura.

Se queres saber como se fomenta de verdade a lectura tes unha cita esta sexta feira en Vigo, a partir das 20 horas, na libraría Cartabón. Ese vai ser o cenario da apresentación dun A Fondo sobre o hábito de ler, un acto no que estarán presente o coordenador do caderno, o escritor Francisco Campos, ben como Antonio García Teixeiro, especialista en literatura infantil e tamén escritor, e Jacobo Fernández Serrano, autor e debuxante de libros para crianzas.

A Fondo lectura 340

A palestra-coloquio terá como moderador e apresentador a Xabier P. Igrexas, secretario do consello de administración de Sermos Galiza.

Comentarios