Inma López Silva e Ana Romaní gañan os Premios da Crítica 2020 en narrativa e poesía en lingua galega

Inma López Silva e Ana Romaní son galardoadas nos Premios da Crítica 2020 en narrativa e poesía en lingua galega polas obras Ou libro da filla e A desvértebra.
Inma López Silva e Ana Romaní. (Foto: Europa Press)
photo_camera Inma López Silva e Ana Romaní. (Foto: Europa Press)

Este sábado entregáronse os Premios da Crítica 2020, organizados pola Asociación Española de Críticos Literarios, resultando galardoadas as escritoras Inma López Silva e Ana Romaní nas categorías de narrativa e poesía en lingua galega respectivamente.

Ou libro da filla, a obra narrativa escrita por Inma López Silva, e A desvértebra, o libro de poemas da man de Ana Romaní foron os traballos seleccionados polas colegas de gremio das autoras galegas.

López Silva, doutora en Filoloxía, investigadora e crítica teatral amais de escritora, xa conta cunha decena de premios desde que en 1996, con 18 anos, gañara o Premio Rúa Nova por Neve en Abril, que se desenvolve na guerra civil española.

Pola súa banda, Ana Romaní é unha autora consolidada, poeta e xornalista cultural que neste 2021 está destacando coa obra premiada, que xa se fixo co Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría de poesía.

En lingua catalá, os galardóns foron Albert Pijoan, por Tsunami; e María Josep Escrivà, por Sempre és tard

Na categoría de mellores obras en eúscaro, Pello Lizarralde, por Argiantza; e Jon Gerediaga por Natura berriak, foron os premiados.

Con respecto a selección de autoras e autores en lingua castelá, a elección recaeu en Arturo Pérez-Reverte, coa novela Línea de fuego e en Ramón Andrés por Los árboles que nos quedan.

Comentarios