A industria do monicreque resucita en Mondoñedo

Conferencias, debates, e funcións ao vivo son algunhas das actividades que conforman o programa do noveno Encontro dos Titiriteiros Galegos, que desenvolverase en Mondoñedo até mañá domingo 1 de decembro.
Titiriteros
photo_camera Estampa dunha función de monicreques (Esteban Losada)

O noveno Encontro dos Titiriteiros Galegos desenvolverase en Mondoñedo até mañá día 1 de decembro, logo de case unha década da última edición e coincidindo co 35 aniversario da súa constitución en asociación.

Conferencias, debates, e funcións ao vivo son algunhas das actividades que conforman o programa dun evento integrado por 22 das principais compañías de monicreques do país.

Arturo Pérez, membro da organización, explica que o IX Encontro dos Titiriteiros Galegos nace coa vontade de “reorganizar o sector” e facer que as representacións de marionetas “volvan formar parte activa da vida cultural, especialmente no mundo rural, que é unha zona moi abandonada en canto o acceso á cultura”.

“Tamén pretendemos volver estar activos, activando os circuítos que tiñamos antes e abrir outros novos, e tamén queremos orzamento específico para os monicreques, é dicir, circuítos específicos que poidamos organizar, como facíamos antes”, afirma Pérez, membro da compañía Spaghetti

Comentarios