Rock e outras leiras

Os imprescindíbeis de 2018

PHOTO COPYRIGHT JOHN McMURTRIE 2015

Remata xa o 2017,  un ano que foi moi bo para o rock  que nos deixou grandes traballos discográficos e uns espectaculares directos. Cando aínda estamos a desfrutar do recen saído directo de Ghost,  botamos a vista atrás e podemos enumerar xoias, unha detrás de outra. Dende o espectacular Will to Power de Arch Enemy,  até  o Gods of Violence  de Kreator. Dende o Sistema Antisocial  de Soziedad Alkoholika, até o #Tremending_Distopic  de Def Con Dos,  pasando polo Marxinación  de Raiba.  Pechamos os ollos e aínda podemos sentir o lume de Rammstein  en Viveiro, a potencia de Slayer  na Coruña,  o power metal de Firewind  en Vigo  ou o memorábel concerto de Helloween  con Hansen  e Kiske  de novo na formación. Mais o tempo non se detén e a música tampouco, polo que xa temos confirmacións de bandas que poderemos ver este 2018,  e que mellor xeito de rematar o ano que facendo unha seleción deses concertos imprescindíbeis que teremos no 2018.

1.- Kiss. Con máis de 100 millóns de discos na súa dilatada carreira, e unha de esas bandas que non precisan presentación e que tes que velas alomenos unha vez na vida. Protementen un concerto repleto de temas clásicos que xa forman parte do patrimonio musical de varias xeracións. A histórica banda estará tocando no Resurrection Fest , en Viveiro  o sábado 14 de xullo, do que prometeron terán unha sorpresa única da que non se poderá disfrutar no resto de concertos  da xira.

2.- Metallica. O máis importante membro dos Big Four  volven a facer un tour europeo que deixará 4 datas na península. Malia que para min Metallica hai tempo que deixou de facer trash metal, os seus concertos non deixan indiferentes a ninguén.  O 1 de febreiro en Lisboa, o 3 e o 5 de febreiro en Madrid e o 7 de febreiro en Barcelona  son as elixidas para as súas descargas.

3.- Ozzy Osbourne. O Príncipe das Tebras,  estará ouleando  á lúa. de novo no 2018 e desta vez vólveo facer acompañado de Zakk Wylde á guitarra. Cun repertorio no que repasara os seu éxitos tanto con Black Sabbath,  como en solitario, teremos a oportunidade de velo o día 30 de xuño no Download Festival¸ en Madrid,  o 2 de xullo en Lisboa  e o 5 de xullo no Rock Fest  de Barcelona. Como extra Judas Priest  está a xirar con Ozzy  pserán os seus teloneiros no concerto de Lisboa e comparten data en Madrid e Barceloan. O que é unha boa oportunidade de ver a dous grandes do metal xuntos.

4.- Prophets of Rage.  A banda formada por membros  de Rage Against de Machine, Public Enemy  e Cypres Hill,  estarán o día 14 de xullo en Viveiro,  descargando temas das súas respespectivas bandas, así como do seu novo disco, que verá a luz en breve. O ano pasado estiveron espectaculares no Hellfest,  e seguro que no Resurrection  non será menos.

5.- Ghost. Non vou negar que para min este é o concerto máis agardado do 2018. Ghost  é sen dúbida unha das bandas que máis sucesos colleitou dende o seu nacemento. A semana pasada viu a luz o seu traballo en directo, Ceremony and Devotion, que nos pode dar unha idea do ritual do que nos fará participar o Papa Emeritus Zero  e os seus Nameless Ghouls. A data elixida  é o xoves 12 de xullo e o lugar o Resurrection Fest,  en Viveiro.  O concerto será exclusivo para toda a península, polo que a oportunidade é única.

Ao longo do ano iranse anunciando seguramente novas bandas que seguramente poderán ser engadidas a esta listaxe. Outras como Iron Maiden, Pearl Jam  ou Guns ‘n’ Roses,  xa confirmaron datas. Dende logo este ano temos moito e bo onde elixir.

Comentarios