QUE FACER?

'Implícate', o prato forte da fin de semana

Sonia Lebedinsky
photo_camera Sonia Lebedinsky tomará parte este domingo en Implícate, festival da música e a palabra.

Chove!

Arteixo 

Auditorio do Centro Cívico Cultural 

Sexta feira

20.00h

Espectáculo para bebés de Titereficcións que xira ao redor da chuvia, con xogos, bailes e enredos para ensinarlle ao público todo sobre a chuvia.  

Contos de ano novo

Santiago de Compostela

Biblioteca Pública Ánxel Casal

Sábado

12.00h

Nova e fresca sesión de contacontos con Marisa Irimia, dirixida a nenos e nenas de tres a doce anos.

Davide Salvado e Pedro Pascual 

Vilar de Santos 

A Arca da Noe

Sábado

22.00h

Concerto de Davide Salvado, unha das voces imprescindíbeis do noso país, acompañado de Pedro Pascual, ao acordeón e cordas. 

Despedida do Vilancico

Pontevedra

Igrexa Parroquial de San Bartolomeu 

Sábado.

20.30h

A igrexa acolle o tradicional concerto “Despedida do Vilancico”, a cargo dos ex cantores do coro dos Institutos de Pontevedra, xunto ao coro infantil Luis García Limeses.

 

Implícate. Noite de música e palabra

Santiago de Compostela

Teatro Principal

Domingo

20.30h

IMPLÍCATE, o festival de música e palabra solidaria, volve nesta nova edición presentado por Yolanda Castaño e Mon Santiso, e con artistas solidarias de música (Mounqup e Atrás Tigre), literatura (Alicia Fernández, Verónica Martínez Delgado, Ismael Ramos e Suso de Toro), danza (Xacarandaina ) e teatro (ISI e Marta Iglesias).

A galiña azul

Narón

Pazo da Cultura

Domingo

18.00h

Tanxarina propón A galiña azul, unha obra de teatro infantil, adaptación do clásico de Carlos Casares, que combina traballo actoral con monicreques.

Iª Andaina do inverno polo río Eume

Monfero

Fragas do Eume

Domingo

10.00h

Unha camiñada de dez quilómetros, con ruta circular ao carón do río Eume, de dureza baixa/media, que durará arredor dunhas tres horas.

Miradas6

Carballo 

Pazo da Cultura 

Até 28 de xaneiro

Pintura, escultura, fotografía e gravado forman parte da exposición Miradas 6, integrada por obras de 23 artistas vinculados a Muxía e Carballo.

Expo Noemí Lorenzo

San Sadurniño

Casa do Concello

Até 02 de febreiro

A artista gráfica e multidisciplinar Noemí Lorenzo (doutora en Belas Artes e gañadora na XI Bienal de Florencia Fortezza Basso) propón unha escolma dos seus traballos, nos que bota man da xilografía, a litografía e outras técnicas de estampado, sen renunciar ao debuxo e outras técnicas artísticas coas que reflicte formas abstractas ou o ser humano separado, xeralmente, do seu contexto.

Comentarios