O IESCHA crea o Premio Fernández Paz de Narrativa LIX pola igualdade

No Día do Libro presentábanse as bases da primeira edición deste premio, impulsado polo Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba.

agustinfdezpaz
photo_camera Fernández Paz, escribindo na súa mesa de traballo en 2008. [Foto: http://agustinfernandezpaz.gal/]

No primeiro Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o Concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia, poderán participar todas as persoas que presenten narracións inéditas en lingua galega dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade…

O autor ou autora da obra gañadora, que será publicada por Xerais en 2018, recibirá 3.000 euros. O prazo de presentación do orixinais remata o 12 de xullo de 2017, coincidindo co primeiro cabodano do pasamento de Agustín Fernández Paz. O xurado emitirá o seu ditame no mes de outubro. Poden consultar as bases aquí

Comentarios