Que facer?

Ibuprofeno Teatro pon o ramo á fin de semana coa súa triloxía arredor de 'O Rei Lear'

ibu
photo_camera Ibuprofeno Teatro

Outono agroecolóxico

San Sadurniño

Casa da Xuventude

Sexta feira

18.30h

Centraranse na experiencia da Asociación Galega de Custodia do Territorio, que se ocupa da divulgación de técnicas de produción alimentaria respectuosas co planeta.

 

A Conferencia’, de Carlos Mella

A Estrada

Salón de actos do MOME

Sexta feira

20.30h

Carlos Mella estará presentando o seu libro de relatos “A Conferencia”, coa intervención do propio autor e de Encarna Otero e David Otero, organizado pola Asociación Cultural “Vagalumes”.

 

Nove de novembro

Carballo

Biblioteca Rego da Balsa

Sexta feira

19.00h

O filme “Nove de novembro” procura visibilizar a realidade do colectivo LGTBI+, un drama escrito e dirixido por Lázaro Louzao (“Os seres sombríos”) rodado na Galiza e integramente en galego.

 

Visita guiada

Compostela

Pazo de Fonseca

Sábado

12.00h

A Agrupación Cultural O Galo propón unha visita guiada á mostra “Con Galiza sempre no Horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo” en Compostela, a cargo do seu comisario, Xosé Ramón Fandiño.

 

Derivas vitais, de María Riveiro

Compostela

Os Catro Gatos

Sábado

13.00h

Visita guiada á exposición “Derivas vitais. Camiños irregulares”, da man da autora María Riveiro, de debuxo e escultura.

 

Magosto, poesía e foliada

Barcala

A Bodeguilla

Sábado

17.30h

O sábado, 10 de novembro, terá lugar o Magosto Popular da A. C. Afonso Eanes, desta volta na taberna A Bodeguilla (Negreira) a partir das 17.30h. A xornada abrirase coa presentación do poemario As casas, da man do seu autor, Carlos Lixó (Carreira-Ribeira, 1991), co que gañou o XXX Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Logo actuará o grupo de música tradicional Faíscas da Pontragha, foliada cos Atrevidos de Barcala e castañas de balde para as persoas que se animen a acudir.

 

Entre Soños

Gondomar

Auditorio Lois Tobío

Sábado

20.00h

Espectáculo de danza contemporánea da man de Fran Sieira Compañía de Danza, un evento imprescindíbel e recomendado para todos os públicos.

 

 

Casa O´Rei

A Coruña

TRC

Domingo

ás 20.30h

Ibuprofeno Teatro completa a súa triloxía con Casa O’Rei, xunto con O Furancho e Raclette, unha obra de Santiago Cortegoso que nace d’O Rei Lear de Shakespeare.

 

Comentarios