Con isto a Agadic case duplica o seu orzamento

A Xunta creará un 'hub' cos 9,6 millóns dos fondos da UE para o sector cultural, seis deles destinados a "edificios e outras construcións"

A Axencia Galega das Industrias Culturais será a beneficiaria da metade do incremento orzamentario en Cultura para 2021. Leva 21 millóns, dez máis que no exercicio anterior, que veñen maioritariamente de fondos da Unión Europea para facer fronte á crise da Covid-19. Porén, non se detalla como se beneficiará o sector do país, alén da aposta de 9,6 millóns na creación dun "hub de industrias culturais e creativas" que semella ter como buque insignia o audiovisual e dedicará máis de 60% dese orzamento a infraestruturas que aínda non se sabe nin onde se sitúan.
Partidas orzamentarias para 2021 da Axencia Galega das Industrias Culturais. (Gráfico: Nós Diario)
photo_camera Partidas orzamentarias para 2021 da Axencia Galega das Industrias Culturais. (Gráfico: Nós Diario)
O sábado, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse cos presidentes do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes e da Real Academia Galega…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios