Homenaxe ao papel das mulleres na literatura fronte ao dominio masculino do 17M

A Liga Estudantil Galega e a Plataforma A Sega organizaron un acto reivindicativo en Vigo para poñer en valor o II Día das Galegas nas Letras, que este 15 de agosto homenaxea a escritora María Vitoria Moreno. [Vídeo no interior de GZVideos]

Homenaxe Galegas nas Letas
photo_camera Homenaxe Galegas nas Letas


A Liga Estudantil Galega realizou un acto reivindicativo este venres para poñer en valor o papel das mulleres na literatura galego, en colaboración coa Plataforma A Sega, que organiza este 15 de agosto o II Día das Galegas nas Letras, que homenaxea este ano a labor da escritoria María Vitoria Moreno. 

Un recitado de poemas feministas en honor da homenaxeada que tivo lugar no C.S A Revolta do Berbês, despois de que o Concello de Vigo denegara o permiso para facelo na praza da Vila (nomeada hoxe como praza da Constitución).

Queremos deixar clara a neglixencia administrativa levada a cabo polo Concello Xa que tras pedir o permiso para realizar o recital na Praza da Constitución, o Concello decidiu avisar o mesmo día”, sinalan dende a Liga Estudantil Galega Vigo que consideran que non hai “mellor acto para reivindicar a nosa cultura, unhas letras galegas feministas que fagan ver que tamén existen escritoras galegas”. 

Comentarios