Homenaxe a Miro Casabella con Paco Ibáñez

O Concello de Cambre quere homenaxear a un dos seus veciños máis ilustres, o cantautor Miro Casabella. Será a finais de xullo, dentro do festival da canción de autor Corazón e Bravura. 

mirocasabella
photo_camera Miro Casabella e Paco Ibáñez

Este festival, que aspira a consolidarse e toma o nome dunha das letras compostas por Casabella, terá lugar ao longo de catro días desde a cuarta feria 26 até o sábado 29 de xullo, con diferentes actividades arredor da figura de Casabella. E o día grande, o sábado, terá lugar un concerto gratuíto no anfiteatro do Parque da Igrexa de Cambre, onde ademais do propio autor estará con el un vello amigo, Paco Ibáñez, unha das referencias españolas no mundo da canción de autor, ademais de compañeiro e amigo do homenaxeado desde os tempos da dictadura fanquista. 

Este festival, que aspira a consolidarse e toma o nome dunha das letras compostas por Casabella, terá lugar ao longo de catro días desde a cuarta feria 26 até o sábado 29 de xullo

Miro Casabella (Ferreira do Valadouro, 1946) é unha das referenzas da canción protesta galega. Uniuse a este fenómeno xa en Cataluña, acompañando a cantantes da Nova Cançó, e alí gravou os seus primeiros discos a finais dos sesenta. En 1968 uniuse ao grupo Voces Ceibes, aínda que non duraría moito porque seguiu a vivir en Barcelona. A finais dos 70 únese ao grupo folk Doa, pero a súa colaboración non vai máis alá do seu primeiro disco. Publicou o seu último disco, 'Orballo', en 2004. 
 

Comentarios