'Historias con susto para durmir a gusto' na Casa Manuel María

O último espectáculo da contadora Vero Rilo e da intérprete musical Sonsoles Penadique, no que ofrecen a súa peculiar ollada sobre as historias de sempre, fuxindo do politicamente correcto, "que non deixa de ver fantasmas onde non os hai", terá lugar este sábado ás 18 horas.
historias con susto durmir a gusto teatro
photo_camera Rilo & Penadique chegan cunha nova proposta de narración oral e música chea de humor e medo para un público familiar (Cedida)

O novo espectáculo da contadora Vero Rilo e da intérprete musical Sonsoles Penadique, Historias con susto para durmir a gusto, chega este sábado, ás 18 horas, á Casa-Museo Manuel María. A nova proposta, chea de humor e medo, vai dirixida para público familiar.

Trátase dun espectáculo que se desenvolve na escuridade e en que a compañía prepara o ambiente para ofrecer a súa peculiar ollada sobre as historias de sempre, fuxindo do politicamente correcto, "que non deixa de ver fantasmas onde non os hai". 

Vero Rilo e Sonsoles Penedique, o amor pola literatura e a palabra dita co amor pola música e o universo da infancia, veñen colaborando, nos últimos anos, en distintos proxectos onde combinan a narración, o canto e a música de historias e contos dirixidos ás crianzas.

As entradas para público familiar e crianzas a partir de 5 anos, pódense reservar en [email protected] e o prezo do billete é de 2 euros.

Comentarios