A prol do ecoloxismo e da diversidade cultural

A historia da rapaza dos ollos de luz

O encontro co Outro, co diferente. A ollada á propia cultura, e ás demais, alén dos estereotipos. A confianza na propia fortaleza. O respecto á natureza. A “tribo” que somos, tamén, nós. Son algúns dos temas que alicerzan A folla azul, a novela coa que Andrea Maceiras vén de gañar a XXXV edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, a historia dunha nena do Amazonas brasileiro destinada a axudar o seu pobo a través do coñecemento. Aínda que iso supoña un determinado modo de relacionarse co poder.  
A escritora Andrea Maceiras. (Foto: Érica Esmorís)
photo_camera A escritora Andrea Maceiras. (Foto: Érica Esmorís)
Husu Aké -a nena dos ollos de luz- é unha rapaza intelixente, curiosa, espelida. A avoa Arumi sabe que é especial e que só ela poderá axudar o seu pobo, os Tacaré, na Amazonia, cando chegue o gran…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios