‘Hierro’, ‘Quen a ferro mata’ e ‘O que arde’ lideran o número de candidaturas nos premios Mestre Mateo.

Premios mestre mateo
photo_camera (Academia galega de Audiovisual)

O Teatro Colón da Coruña acolleu o anuncio dos proxectos e profesionais finalistas nos XVIII Premios Mestre Mateo, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. 

A primeira rolda de votacións na carreira polos premios sitúa unha produción de televisión como a que conta cun maior número de candidaturas: a serie Hierro, que suma un total de 16, seguida polas longametraxes Quen a ferro mata con 15 e O que arde con 12. As tres competirán polos galardóns que premian a Mellor Dirección, Guión, Fotografía, intérpretes protagonistas, Maquillaxe e Perruquería, Dirección de Arte e Dirección de Produción, Montaxe, Son e Vestiario.

A  longametraxe Eroski Paraíso e serie A estiba acadan 7 e 6 candidaturas respectivamente. Seguindo coas producións presentadas este ano, dos 18 documentais candidatos, os catro que chegaron a finalistas  son: ciencia (El futuro de la mente de Agallas Films e Somadrome), biográfico (Manoliño Nguema de Filmika Galaica), loita social (Noite Irisada de Taller de Insomnios e Recunchos de Anma) e historia (O reino suevo de Galicia de La Región).

As gañadoras daránse a coñecer na Gala que se celebrará o vindeiro sábado 7 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, presentada por Patricia Vázquez. A listaxe de finalistas dos XVII Premios Mestre Mateo pode consultarse aquí. 

Comentarios