Concerto de Reis
Compostela
Auditorio de Galiza
Esta sexta feira
21.30h
Diego Masson dirixirá a Real Filharmonía de Galiza no clásico concerto de Reis, xunto os solistas Xabi Casal ao saxo e Isabel Pérez Dobarro ao piano.
Un rolo de papel continuo
A Coruña
Sede Afundación
Até este sábado.
Nesta exposición colaboran artistas vinculados á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que teñen como estímulos explícitos o reto de traballar conxuntamente e intercambiar experiencias, a curiosidade, a xenerosidade entre artistas heteroxéneos; para poñer en común conceptos e intereses en aparencia inconexos. Como un exemplo de cadáver exquisito surrealista.
Menú da noite
Santiago de Compostela
Auditorio de Galiza
Sábado.
21.00h
Espectáculo cómico que combina humor e ilustración, co debuxante Luís Davila e o actor Carlos Blanco, e coa música de Budiño e Kepa Junquera.
A Banda da Loba
Boiro
A Pousada das Ánimas
Este sábado
23.00h
Concerto presentación do seu primeiro disco, Bailando as rúas, un álbum que nace do rock, pop, folk e máis.
Concertos Nadalea en Pontevedra
Pontevedra
Teatro Principal
Domingo
12.00h/ 21.00h
De mañá abre co concerto “Os golfiños e o xigante”, coa banda de Música de Pontevedra; e de noite continúa co concerto de Nadal do Seminario Permanente de Jazz.
Silencios naturais
Cambados
Pazo de Torrado
Até o 7 de decembro
Mostra da obra do pintor Morquecho, un artista de formación autodidacta que conta xa con máis de catro décadas de traballo, con exposicións tanto individuais como colectivas.
A timidez da copa das árbores
Vigo
MARCO
Até o domingo
A mostra, que parte do fenómeno botánico onde cada árbore define un límite no seu crecemento, foi o proxecto gañador do Premio MARCO para novos comisarios. A exposición formula unha reflexión sobre a nosa sociedade contemporánea, reunindo nun mesmo espazo obras de once artistas de distintas procedencias e en diversos formatos: vídeo, instalación, fotografía, performance, proxección, que nalgúns casos funcionan como documentación e rexistro de accións realizadas ao redor deste fío condutor.
María do Ceo
Ribeira
Auditorio Municipal
Domingo
18.00h
Cancións para nenas e nenos, María do Ceo interpreta as cancións do seu último disco dedicado ao público infantil con fados, nanas, adiviñanzas...
Miradas 6
Carballo
Até o 28 de xaneiro
Exposición colectiva sobre pintura, escultura, fotografía e gravado, integrada por obras de 23 artistas diferentes vinculados a Muxía e Carballo.