Guadi Galego estrea "Penélope", o terceiro adianto do álbum 'Roibén'

O novo álbum editarase nunha edición especial en vinilo (que inclúe o CD) e que conta con dez temas.
A compositora e intérprete Guadi Galego.(Foto: Nós Diario).
photo_camera A compositora e intérprete Guadi Galego.(Foto: Nós Diario).

Guadi Galego estreou esta sexta feira o videoclip Penélope, o terceiro adianto do seu novo disco, Roibén, que se publicará o vindeiro 16 de decembro.

O novo álbum editarase nunha edición especial en vinilo (que inclúe o CD) e que conta con dez temas, dous dos cales xa estrearon videoclip; Alegoría, de Carlos Abal, e Noa, de Toño Chouza.

Roibén foi producido por Iván Ferreiro e, segundo a cantora, é o seu disco máis "arriscado".

A artista

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena galega actual, froito dunha carreira musical que comeza sendo moi nova.

En 1997 entra a formar parte do grupo Berrogüetto como vocalista, pianista e gaiteira, e grava con eles tres discos. Viaxe por Urticaria (1999) e Hepta (2001) foron calorosamente recibidos pola crítica e merecedores de varios premios e recoñecementos (entre eles, o de Mellor Grupo Folk Europeo de 2000 e unha candidatura aos Grammy Latinos de 2002). En 2006 publican 10.0, que acadou o 2º Premio Opinión ao Mellor Disco Galego do ano e foi candidato aos Premios da Música co seu tema Xente.

Desde aquel entón os éxitos non pararon de chegar para artista cedeirense.

Xa en 2020 publicou o seu 5º disco en solitario, Costuras. Chegará nos vindeiros días con Roibén despois de 2 anos de xira e máis de 40 concertos por todo o Estado.

Comentarios