Guadi Galego bate marcas ao vender máis de 3.000 discos en dous meses de "Lúas de outubro e agosto"

En só dous meses, Lúas de outubro e agosto de Guadi Galego vendeu máis de 3.000 discos e o seu videoclip “Matriarcas” viuse máis de 60.000 veces.

Guadi Galego
photo_camera Guadi Galego

O segundo disco en solitario de Guadi Galego, Lúas de outubro e agosto, editado por Fol Música, sitúase no cumio da popularidade da nosa música, conseguindo vender desde que entrou no mercado o pasado 25 de novembro máis de 3.000 exemplares. Poucos días antes, a rede difundía como adianto o videoclip “Matriarcas”, un fito que leva a tal altura máis de 60.000 visionados.  

Despois dunha primeira presentación ao vivo no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que se celebrou en Pontevedra en decembro, Guadi Galego iniciará en breve unha xira de concertos para presentar o seu segundo disco en solitario, cinco anos despois daquel Benzón que publicou en 2009. 

Comentarios