Un novo grupo de rock en galego

GRILO presenta o seu primeiro videoclip

Grilo é un grupo rock en galego creado no 2018. Composto por Adrián Gómez Lorenzo (guitarra e voz), Alberte Fernández (baixo e coros) e Miguel Varela Álvarez (batería). Veñen de sacar nas súas redes sociais o videoclip do seu primeiro single, chamado "Criminal"

Grilo grupo rock
photo_camera Unha imaxe promocional do grupo

Os tres músicos contan cunha traxectoria previa. Formaron parte con anterioridade de grupos coma Que Desilusión ou Skirl. O tema foi gravado, mesturado e masterizado nos Estudos Mafia do Carballiño baixo os mandos de Oscar Fernández “Chichi”. Teorema Filmes foron os encargados da gravación e montaxe do videoclip.

“Con este single o que buscamos é que a xente comece a coñecer o grupo e teñan claro que a nosa intención é sonar o máis pontente posíbel e con letras na lingua do país, esa é a nosa seña de identidade” afirman dende o grupo. Esperan comezar cos directos a principios de 2019.

Comentarios