O Grelo Folc en Monfero, o festival para esquecer o verán

O grelo merecía ter un festival que abrise as portas do outono  . O día 19 no mosteiro de Monfero, o Grelo Folc convida a bailar con As Pandereteiras Bouba ,Taghaitai, Os Tres Trebóns e Familia Caamagno. Con currasqueiro oficial e, pola tarde, “A Nabiciña”, para que a cativada goce tamén da grelada. 

familia caamagno
photo_camera Familia Caamagno

Os concertos comezan a partir das 22:00 horas mais festa hai todo o día. O Grelo Folc celébrase o próximo día 19 de outubro no Mosteiro de Monfero, festa a rachar durante toda a xornada organizada pola Asociación Cultural O Abordelo que convoca xa por volta das 14:00 a participar do xantar popular que prepara Regino do Malló, o churrasqueiro oficial de Monfero. 

Antes de comezar os concertos da noite, a tarde será para a xente miúda con “A nabiciña” porque, como din desde a organización, “non hai grelo sen nabiza!!”. Os contos de Mar

ía da Pontagrada e a maxia do Mago Fiz animan a xornada para demostrar que este non é un país de xente vella e que tamén na aldea hai rapazada. 

Pola noite, Pandereteiras Bouba, “mulleres rabudas que escrachan botellas de anís”, Taghaitai, “xente sana e festeira á que lles gusta cantar e facer bailar”, Os tres trebóns, “treboada pangalaica con chuzos de homes sen medo”, e Familia Caamagno “empanada garage e blues rox´n pa

ra rematar con dor de corazón” compoñen un programa acaído á grande festa que preparan con ánimo e tesón desde a Asociación Cultural O Abordelo, o festival que pecha a tempada de verán e inicia unha nova na que o grelo é un dos protagonistas de todas as festas. 

Para se anotar no xantar compre enviar un correo a: [email protected] ou chamar aos números 679 251 163 e 667 782 774. A cambio de 12 euros prometen a “barriguiña chea” con churrasco, touciño, chourizo, sobremesa, viño do país e café con gotas. Tamén se pode colaborar coa organización deste festival “autoxesionado” mercando unha camisola e unha rifa... ou dúas ou vinte. 

 

Comentarios