Grande Amore, a turistificación e os cogomelos, protagonistas do 'Sermos Galiza' desta semana

Como cada semana, Sermos Galiza trae as mellores pezas xornalísticas para amenizar a fin de semana e aprender. Bule este sábado ao teu quiosque ou fai subscritor de Nós Diario para desfrutar dun novo número do semanario!
Extractos dos artigos do Sermos deste sábado. (Fotos: Nós Diario)
photo_camera Extractos dos artigos do Sermos deste sábado. (Fotos: Nós Diario)

Montse González entrevista esta semana a Nuno Pico, que protagoniza este Sermos Galiza. O artífice de Grande Amore explica como foi este verán a nivel musical, o panorama actual da música en galego e moito máis.

"Eu a verdade é que son especialmente pesimista. Nin eu mesmo, nin os meus amigos máis achegados, contabamos con isto.", recoñece Nuno.

O impacto da turistificación

O semanario Sermos Galiza deste sábado abre cunha reportaxe da xornalista Mar Álvarez sobre o impacto da turistificación na Galiza.

"Alugueiros que soben de prezo, produtos encarecidos, comportamentos
incívicos, masas de persoas que dificultan a circulación pola cidade,
terrazas invadindo os espazos públicos, veciñanza obrigada a abandonar
o seu fogar, negocios tradicionais que desaparecen. Investigacións
recentes demostran que canto maior é o contacto co turismo, máis
crítica é a cidadanía con el pois, a pesar de todos os beneficios que este
pode achegar, leva consigo un considerábel impacto negativo", detalla a autora desta reportaxe.

A tempada de cogomelos

Aliás, Alejandro Mínguez asina a reportaxe 'Chega a tempada
forte de cogomelos tras un seco verán'. "Estamos nun ano de seca que augura unha mala tempada silvestre, agravada polo cambio climático, o abandono do rural e a man do home que provoca incendios e protagoniza recollidas indiscriminadas", indica.

"Cogomelos hainos todo o ano e en case todos os sitios. Certo é que os de maior calidade e en maior cantidade comezan a saír de xeito espontáneo no medio natural cando empeza a chover e a temperatura é suave.", engade o autor.

Música, arte e lecer

O apartado musical corre a conta de Herminio González, que trae as últimas novidades, a comezar por Luz / sombra, de Devalo, mentres Jasper asina o artigo titulado 'Mainstream'.

Como vén sendo habitual, o experto en cinema Andrés Castro analiza os filmes máis destacados, entre eles O colexio dos animais máxicos, de Gregor Schnitzler, e Carlos L. Bernárdez ofrece na sección de Arte unha achega á historia da prata e o acibeche compostelán.

Noutra orde, Mario Regueira debulla o libro Faro e o seu día
máis importante
, de Alfredo Blanco Martínez (Xistral), mentres Manuel López Foxo fala de Poemas ó Outono, de Manuel María (Xistral). Aliás, o colectivo Xea trasládanos á costa de Carballo.

Por último, as dúas páxinas de pasatempos corren a conta de Xerardo R. Roca e Xoán Costa.

Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado acompañando o xornal Nós Diario; 64 páxinas por tres euros!

Comentarios