Goberno vasco emite 44.000 bonos no Nadal para fomentar produtos e actividades culturais

Póñense á venda do 10 de decembro ao 5 de xaneiro ao prezo de 25 euros mais o valor cidadá para o posuidor será de 40, que pode gastar na compra de libros, discos, entradas para teatro, museos, cine ou concertos, entre outros
sarri

Máis un ano, e van tres, o goberno vasco activa coa chegada do Nadal a iniciativa 'Kultura Bonua - Bono Cultura', unha proposta para fomentar, facilitar e incentivar que nestas datas a cidadanía aposte pola cultura. Entre o 10 de decembro e o 5 de xaneiro poñeranse á venda 44.000 destes bonos, cun prezo de 25 euros. Mais o valor cidadá para o posuidor será de 40, que pode gastar na compra de libros, discos, entradas para teatro, museos, cine ou concertos, entre outros. A diferenza de 15 euros en cada bono será abonada polo goberno de Euskadi.

O executivo vasco sinala o éxito das anteriores campañas e incide en que con esta iniciativa o que se procura é promover e facilitar, nunhas datas como as do Nadal, o consumo de cultura por parte da cidadanía. 

Estes bonos só poderán usarse nos establecementos e locais adheridos á campaña, que son varios centos repartidos nas diferentes vilas e cidades de Euskadi. A adquisición bos bonos pode facerse ben a través de internet ou ben a través da rede de caixeiros de entidades financeiras.

Comentarios